3º ciclo de Cine de Inverno en Salvaterra

Do 14 de xaneiro ao 19 de marzo totalmente de balde

Salvaterra de Miño | Xa está aquí unha nova edición do Cine de Inverno que dende o Concello de Salvaterra retomamos con moita ledicia logo do parón por mor da Pandemia.

Dende o 14 de xaneiro ata o 19 de marzo, nenos e maiores poderán gozar dunha oferta coas estreas do ano 2021 e 2022.

Os sábado ás 22:00 da noite e os domingos ás 17:00 horas (sesión infantil) no salón de actos da Casa de Cultura temos unha cita cinematográfica DE BALDE. Xa sabedes, este ano comeza cun inverno de cine!!