28 alumnas participaron no programa “Galegas Dixitais” na Cañiza

Clausurado o programa de cursos gratuítos en formación dixital

A Cañiza | O Alcalde Luis Piña clausurou este mércores 13 de decembro os talleres formativos do programa “Galegas Dixitais” no que participaron 28 alumnas da Cañiza e da súa contorna.

Tres talleres gratuítos de formación en capacitación dixital para mulleres desempregadas residentes no rural.

Unha completa formación que se impartíu durante os meses de novembro e decembro.
Un total de 45h de formación por cada curso empezando polo de competencias dixitais básicas, competencias dixitais avanzadas e para rematar competencias dixitais para o emprendemento.

Ademáis do título oficial, as participantes conseguiron un ordenador portátil chromebook de balde, para poñer en práctica todo o aprendido.

O programa está financiado pola Unión Europea a través do Ministerio de Traballo e promovido pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación. A formación estivo impartida pola UTE Ara Negocios Sl – Beproject Consultoría De Forma.

O Alcalde Luis Piña felicitou á organización, equipo directivo e cadro docente e sobre todo ás mulleres que participaron neste programa imprescindible tanto para o desenvolvemento laboral como o persoal, atendendo á implementación das novas tecnoloxías en todos os ámbitos que nos rodean.