“2023 A Odisea Tudense” gaña o desfile-concurso de Entroido 2023

As comparsas amosaron grandes coreografías, sátira e humor

Tui | Miles de persoas ateigaron esta tarde as rúas novas de Tui para presenciar o desfile-concurso de Entroido que volveu con todo o seu esplendor nunha tarde na que o corido, a imaxinación, a sátira, o humor, as coreografías luciron ao longo do percorrido.

“2023 A Odisea Tudense” da charanga Cantos Somos foi a gañadora na categoría absoluta cunha parodia sobre as obras actuais en Tui e os problemas de circulación. Outra sátira local neste caso sobre a lentitude das obras que unen Malvas e Tui da comparsa “Construccións Mal-Vas” da Asociación Cultural e Recreativa Arume de Malvas levou o segundo premio na categoría absoluta. O terceiro premio foi para a recreación do campo eléctrico do século XIX realizado pola Asociación Cultural de Mañufe, Gondomar, titulada “Pouca Corrente”.

A “Picoñasa” da Asociación Cultural En Loureiro coma Sempre cunha recreación da Nasa foi a gañadora do cuarto premio, e “Rock In Soutelo – Las leyendas nunca mueren” da Asociación Cultural O Borralliño de Soutelo foron levaron o quinto premio. Tamén na categoría absoluta foron premiadas a comparsa “Yo no soy tu reina. Esto es Esparta” da Asociación Comparsa Terra de Condes co sexito premio, e “Egypto” da Asociación Cultural de Pontellas co sétimo.

En carrozas as gañadoras foron “Pouca Corrente” da Asociación Carnavales de Mañufe co primeiro premio, “Picoñasa” da Asociación En Loureiro coma sempre” co segundo, “2023 Odiesa Tudense” da Charanga Cantos Somos co terceiro, “Egypto” da Asociación Cultural de Pontellas co cuarto, “Hindús” da Asociación Pandilla” co quinto, e por último “Xeada en Parada” da Asociación Cultural Parada do Miñor levou o sexto premio.

En acompañamento musical “2023 Odisea Tudense” levou o primeiro premio, seguda de “Construccións Mal-Vas” co segundo e “Picoñasa” co terceiro. Por último na categoría de fantasía a gañadora foi a comparsa Terra de Condes de Gondomar con “Yo no soy tu reina. Esto es Esparta”

Amais o xurado concedeu unha mención especial á Asociación Cultural Paradela pola participación interxeneracional na comparsa “Grease”. O Entroido despedirase en Tui o próximo domingo co Enterro do Bacallau.

Gañadores Absolutos
1. “2023 A Odisea Tudense” da Charanga Cantos Somos
2. “Construccións Mal-Vas” da Asociación Cultural Arume de Malvas
3. “Pouca Corrente” da Asociación Carnavales de Mañufe
4. “Picoñasa” da Asociación En Loureiro coma Sempre
5. “Rock in Soutelo. Las leyendas nunca mueren” da Asociación Cultural O Borralliño-Soutelo
6. “Yo no soy tu reina. Esto es Esparta” da Asociación Comparsa Terra de Condes
7. “Egypto” da Asociación Cultural de Pontellas

Gañadores Carrozas
1. “Pouca Corrente” da Asociación Carnavales de Mañufe
2. “Picoñasa” da Asociación En Loureiro coma Sempre
3. “2023 A Odisea Tudense” da Charanga Cantos Somos
4. “Egypto” da Asociación Cultural de Pontellas
5. “Hindús” da Asociación A Pandilla
6. “Xeada en Parada” da Asociación Cultural Parada do Miñor

Gañadores Acompañamento Musical
1. “2023 A Odisea Tudense” da Charanga Cantos Somos
2. “Construccións Mal-Vas” da Asociación Cultural Arume de Malvas
3. “Picoñasa” da Asociación En Loureiro coma Sempre
Gañadores Fantasía
1. “Yo no soy tu reina. Esto es Esparta” da Asociación Comparsa Terra de Condes

Mención especial
“Grease” da Asociación Cultural Paradela.