1.000 persoas disfrutaron das piscinas municipais en Salvaterra

O pasado 15 de xuño abriron as súas portas 

Salvaterra de Miño | As piscinas municipais de Salvaterra de Miño abriron as súas portas ó público o pasado 15 de xuño e dende entón contaron coa visita de máis de mil persoas.

Coa chegada do verán e o bo tempo é momento de ofrecer ós nosos veciños e veciñas opcións de ocio para pequenos e maiores. Polo que este ano apostouse pola ampliación do período de apertura, así as instalacións abrirán un mes máis e continuarán en funcionamento ata o vindeiro 15 de setembro para que todo o que queira poida desfrutar nas tardes do verán.

O horario das piscinas municipais é de martes a venres de 15:00 a 21:00h e o fin de semana, sábados e domingos, dende as 14:30 ata as 21:00h. Os luns permanecerán pechadas para o mantemento das mesmas. Ademais o vindeiro 4 de xullo darán comezo as clases de natación en horario de mañá.

Teatro adicado a Fernández del Riego
A actividade, subvencionada pola Deputación de Pontevedra con motivo da celebración do Día das Letras Galegas adicada este ano ó fundador da Editorial Galaxia Francisco Fernández del Riego, será o martes a partir das 12:00 horas na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño. A compañía Polo Correo do Vento será a encargada de animar ó público con este espectáculo teatral de ilustración e narrativa para toda a familia. A través da pintura contarán e ilustrarán un conto do homenaxeado este ano no día das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego.