• Segue conectado
  • |

Tomiño celebra as Letras Galegas con descontos do 50% en libros; obradoiros de xoguetes populares, contacontos e concertos

As actividades, desenvolveranse durante todo o día, cun descanso entre as 14.30 e 17.00 horas

Tomiño | O mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, a Praza do Seixo encherase de actividades lúdicas e educativas, organizadas polo Concello para conmemorar esta data tan importante.

Coma en anos anteriores, haberá descontos na venda de textos, escritos en lingua galega, que ascenderán ate o 50 % do seu valor real.

As actividades comezarán ás 10.30 horas, coa venta de libros e obradoiros relacionados coa figura do escritor desaparecido Carlos Casares; a cultura e lingua galegas, dirixidos tanto a nenos e nenas, coma a persoas adultas. Ás 14.30 farase un descanso, retomando as actividades de 17.00 a 20.00 horas.

A Agrupación Musical de Goián, ofrecerá un concerto na propia praza, xusto ás 12.00 da mañá.

Pola tarde, a partir das cinco, haberá obradoiros de xoguetes populares e tradicionais, e unha hora despois, contacontos “Cantos Animais”, con Susa Herrera, e sinatura de libros ao rematar.

Ás sete da tarde, dará comezo unha foliada, sendo necesario traer o instrumento para poder unirse.

En caso de choiva, as actividades trasladaranse ao mercado municipal.

Publicado o 16 Mai 2017 en Tomiño.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies