• Segue conectado
  • |

O Meixón do Miño protagonista gastronómico de Tui até o 29 de abril

O sábado tivo lugar a presentación do evento en Ourense

Tui | O pasado sábado arrancaba en Tui a Festa do Meixón que se prolongará até o 29 de abril coincidindo coas festas de San Telmo. Tras la presentación realizada o pasado venres en Tui, o sábado o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto o concelleiro de cultura, Eduardo Freiría, desprazáronse até Ourense para presentar tamén alí este festexo gastronómico xunto ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, co obxectivo de promocionar o evento tamén a nivel galego.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, deu conta dos pormenores dun festexo que potencia un dos produtos gastronómicos da cidade, e que se suma o atractivo turístico de Tui xunto ao seu patrimonio, natureza e cultura. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, convidaba a todos os ourensáns a “desfrutar da riqueza gastronómica de Tui, acompañada dun bo viño como terra de viños que é Galicia”.

A Festa do Meixón estase a celebrar en seis restaurantes no Asador Paulo, O Novo Cabalo Furado, Cruceiro do Monte, El Molino, La de Manu, e o Parador de Turismo San Telmo. Nos mesmos poderase desgustar unha ración de meixón, en cazola conmemorativa, con pan e unha copa de viño da adega Vimbio por un prezo 55€.

Publicado o 8 Abr 2019 en Gastronomía, Portada, Tui.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies