• Segue conectado
  • |

Chairegos de honra 2017

Vilalba | A Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolo nomean Chairegos de Honra 2017 a dous “Cantores da Dignidade” acreditados non so no tempo e disposición altruísta, senón tamén pola sublime cualidade e a especial sensibilidade interpretativa. Son Pepe Quintas Canella e Miro Casabella. Actuará Raúl Galego, o gaiteiro Nubeiro.

Será o 16 de decembro ás 12 horas na Casa da Cultura do concello de Vilalba.

Haberá unha mesa presidida por Alfonso Blanco Torrado e na que intervirán, Pilocha, Mero Iglesias, e por suposto, os dous recoñecidos cantores, que serán investidos nesta ocasión, na honra da Terra Chá. Despois haberá un xantar no restaurante Carrizo de Santaballa (20 €, apuntamentos no teléfono: 646 41 38 90

Publicado o 10 Dec 2017 en Axenda, Lugo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies