XXVII Festa dos Avós en Paradela

Este domingo 25 de setembro no Mercado de Paradela

Paradela | O próximo domingo, 25 de setembro, o Concello de Paradela vai celebrar a XXVII edición da Festa dos Avós, á que van asistir arredor de medio milleiro de maiores, festa que este ano está incluída dentro das celebracións do Bicentenario do Concello.

Os actos van comezar coa apertura das tres exposicións do Bicentenario, instaladas no Mercado de Paradela: “Do tempo das luces”, imaxes antigas de feitos e persoas de Paradela; “Paradela, senda infinita”, sobre a historia e vida do Concello nestes douscentos ano, e “Manuel Rodríguez López, 2.0”, sobre o escritor, Fillo Predilecto do Concello, que foi o vencello entre os galegos de Catalunya e os que viven no noso País.

Ás 12,30, as autoridades de Paradela recibirán a autoridades e invitados no edificio multiusos. A continuación, actuará a Banda de Paradela. A misa solemne comezará ás 13,30, e será oficiada polo Rvdo. D. Julio Fernández Doval, acompañado polas voces do Coro interparroquial de Oural.

Arredor das 14,30 dará comezo o xantar, que será seguido de sorteo de agasallos, rematando os actos coa actuación de Alfredo González Vilela que presentará o seu disco “Navia” sobre poemas do profesor e escritor naviego Toño Núñez.

No decurso da festa vai ser presentada a produción audiovisual MAIORES DE PARADELA, realizada por Begoña Pérez López con motivo do Bicentenario, con intervencións dos paradelenses Xesús Mato Mato, Julio Varela Rodríguez, Ermitas López Arias e Francisca Jorge López.

Por Xulio Xiz.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos