XXII Festa do viño novo de Arantei en Salvaterra

Os vindeiros días 12 e 13 de novembro

Salvaterra de Miño | Os vindeiros días 12 e 13 de novembro celébrase a XXII Festa do viño novo de Arantei donde se repartirán mais de mil litros de viño gratis. Isto é posible gracias a colaboración dos vecinos de Arantei que son os que donan as uvas.

Posteriormente a comisión de festas de San Roque elabora o viño blanco e tinto que se degustará gratis na festa. Para acompañar o viño poderase mercar polbo a feira, orella, callos, empanada, carne o caldeiro, xamon etc..

Tamen haberá distintos postos de artesanía, de mel, chocolates, cafés, repostería, etc..
Todo isto estará amenizado polos grupos “2 Tipos” e “Top Legends” para o sábado día 12.

O domingo día 13 a televisiva Laura Anton abrirá o evento dando lectura o pregón e seguidamente a charanga “Os Imperiais” amenizará o resto da xornada. E xa para terminar, a noite celebrarase un bingo con grandes premios.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos