XVII Festival Latexos do Rural en Riós

A actriz Benedicta Sánchez foi agasallada

Riós | Celebrouse en Riós o XVII Festival Latexos do Rural, onde Luís Menor, presidente da Deputación descubriu unha placa homenaxe xunto á actriz Benedicta Sánchez. Menor enxalzou a sensibilidade deste festival “á hora de honrar as mentes creativas de mulleres que poñen o foco de xeito maxistral nos entornos rurais”.

Afirmou que “Latexos do Rural é un orgullo para a veciñanza porque enraíza na tradición do pobo”.

Jaione Camborda (Concha de Ouro Festival de San Sebastián 2024), Paula Carballeira (Premio Nacional de Literatura Dramática 2023), Yolanda Castaño (Premio Nacional de Poesía 2023), Begoña Vázquez (Mellor Chef Galega 2024), Carla Rivas (actriz na película “O Corno” Concha de Ouro en San Sebastián), Silvia Cerneira (compositora e intérprete musical) e Fillas de Casandra (dúo emerxente de música de raíz) pasarán a formar parte da Ruta do Talento, un percorrido entre castiñeiros centenarios de Riós, símbolo deste municipio “e que sacaron moito fame a moitas xeracións a través do seu froito, a castaña”, lembrou Menor.

Por último, o presidente provincial agradeceu o seu traballo a prol da posta en valor do seu municipio á alcaldesa de Riós, Eva Barrio; e ao director e ideólogo do Festival Latexos do Rural, Rubén Riós, “por ser o mellor embaixador da súa terra”.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.