• Segue conectado
  • |

Xuntanza entre o Concello de Porriño e a Zona Franca

A reunión serviu para tratar a ampliación de superficies industriais, o espazo para a gardería no polígono da granza e a radicación da aula da UNED do Porriño no CIE, propiedade do consorcio

Porriño | Este mércores a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Urbanismo, Marcelino Coto, mantiveron unha xuntanza coa directora de Promoción Económica da Zona Franca de Vigo, Rosa Eguizábal, e técnicos do Concello e da propia Zona Franca, para analizar as posibilidades de ampliación de espazos industriais no Concello do Porriño, un proxecto no que o delegado do Consorcio, David Regades, amosou moito interese, tanto en visitas a O Porriño coma en xuntanzas coa alcaldesa e con representantes empresariais.

Gardería Infantil
Ademais, nesta reunión, estudáronse, máis polo miúdo, en primeiro lugar, a localización da “tan agardada” gardería infantil, no Polígono de A Granxa, nun espazo que este mesmo xoves visitarán representantes do Concello e do Consorcio.
A gardería, lembra Eva García de la Torre, “é unha dotación longamente demandada por empresas e traballadores e podería radicarse nunha construción xa existente no propio polígono”, como considerarán os especialistas de as dúas administracións.

Aula da UNED do Porriño
Así mesmo, subliña, a alcaldesa,“tamén tratamos da ubicación da Aula da Universidade de Educación a Distancia (UNED) do Porriño” no mesmo polígono, un proxecto, subliñou, que tanto o Concello coma Zona Franca “consideramos que é especialmente importante e beneficioso ”.

García de la Torre indicou que o Centro de Iniciativa Empresarial (CIE), “que tamén visitaremos este xoves”, propiedade do Consorcio, “conta xa con espazos, dotacións, e infraestruturas” que poderían aloxar as “clases, biblioteca e salón de actos” da Aula da UNED sen que supoña un desembolso inicial moi elevado para o Concello do Porriño.

Publicado o 30 Xan 2019 en O Porriño, Portada, Urbanismo.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies