Xuntanza de palilleiras en Monforte

Participan 400 de toda Galicia e Madrid

Monforte de Lemos | José Tomé Roca, alcalde de Monforte, inaugurou o “II Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, capital da Ribeira Sacra”, ubicado na na explanada da Compañía.

Tomé estivo acompañado pola presidenta da Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra, Sesé Vila, pola tenente de alcalde, Gloria Prada, e diversos membros do equipo de goberno municipal. O Concello organizou esta xuntanza en colaboración con dita asociación de palilleiras monfortina.

José Tomé deu á benvida ás 400 palilleiras, procedentes de trinta asociacións de Galicia e Madrid, así como ós comerciantes especializados, provintes de distintos puntos de Galicia, e doutras comunidades, que conforman a zona de venta deste encontro, e que ofrecen exclusivamente produtos para palillar.

O alcalde, aclarou que “en Monforte, na rúa do Cardenal, xa se teñen celebrado encontros de palilleiras máis reducidos, pero foron o xerme para que esta sexa a primeira vez que a cidade de Monforte acolle unha gran xuntanza de palilleiras, e para nós é un pracer que todas vostedes poidan amosar a súa arte ós nosos veciños e veciñas, así como as persoas que nos visitan”. A organización desta gran xuntanza de palilleiras foi unha idea que xurdiu entre o Concello de Monforte e a Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra, e que estaba previsto celebrar no ano 2020. Daquelas, estaba prácticamente todo ultimado para que se levara a cabo este encontro, pero a incidencia da pandemia impediuno, e obrigou a pospoñelo ata o pasado ano 2022 en que finalmente si puido ser celebrado, e que supuxo todo un éxito tanto de participación de palilleiras como de público asistente.

José Tomé resaltou que o obxectivo perseguido coa organización deste encontro “é amosar e por en valor a arte de palillar” e engadiu que “cremos que Monforte é o sitio idóneo, dentro do interior de Galicia e no sur da provincia de Lugo, para celebrar un gran evento coma este, tendo en conta a repercusión que ten Monforte de Lemos, como capital da Ribeira Sacra, e a propia Ribeira Sacra, dentro e fora de Galicia”.

Neste senso, o rexedor municipal resaltou o importante impacto económico e de promoción turística que o evento xerará no Concello e na Ribeira Sacra, “evento que dinamizará sen dúbida sectores coma o noso comercio ou a nosa hostalería. Ó turismo, en definitiva.”

José Tomé aproveitou a ocasión para animar ás participantes a coñecer Monforte e a Ribeira Sacra, enunciándolles no seu discurso os principais atractivos turísticos desta zona, pois “son actualmente un dos destinos turísticos máis solicitados da nosa Comunidade, que están de moda, e como digo eu sempre que, son un anaco do Paraíso no interior de Galicia.”

O rexedor monfortino concluíu a súa intervención animando ás palilleiras a participar nunha vindeira edición deste Encontro en Monforte, en 2024.

A continuación tivo lugar a actuación do grupo de gaitas e do Grupo de Danza do Concello de Monforte, co obxectivo de darlles ás participantes a benvida ó encontro e á cidade. E tras esta actuación o rexedor monfortino e a primeira tenente de alcalde fixeron entrega dun agasallo institucional ás mestras palilleiras presentes na mostra, que este ano son 33.

Do mesmo xeito, dende a Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra tamén se levou a cabo a elaboración dun detalle conmemorativo do encontro, que inclúe un encaixe de cores, que será entregado a cada participante ó longo do día.

As localidades galegas de procedencia das palilleiras protagonistas deste encontro son Arteixo, Vigo, Lugo, Ourense, Boiro, Betanzos, Oleiros, A Coruña, Sarria, Silleda, Valga, Cambados, Vilanova de Arousa, Viveiro, Burela, Xove, Redondela, Vimianzo ou Camariñas, así como de Monforte de Lemos. Tamén virán palilleiras chegadas de Madrid.

Programa do día 2
Na explanada da Compañía de Monforte: 10:30 h.- Recepción das palilleiras. 11:00-14:00 h.- Palillada. 12:00 h.- Inauguración da xuntanza de palilleiras a cargo do Sr. Alcalde de Monforte. A continuación, actuación do Grupo de Gaitas e do Grupo de Danza do Concello de Monforte, e entrega de agasallos institucionais ás mestras palilleiras. 14:00 h.- Xantar. 16:30 h.- Palillada. 17:00 h.- Sorteo de agasallos. 19:00 h.- Despedida.