Xunta e Concello ampliarán o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Máis dun millón de euros serán para o Centro Integral de Saúde
As obras no CHUO permitirán ampliar un 47% a súa superficie respecto a de hai doce anos.

Ourense | Alberto Núñez Feijóo, presidente do Goberno Galego, explicou que “o Concello de Ourense comprométese a achegar ao Sergas 5,2 millóns de euros para exencionar o IBI en favor do novo hospital de Ourense durante o próximos seis anos”.

As obras licitáronse en xullo por 52,5 millóns de euros”. Supoñerán a construción dun novo edificio entre o Hospital de Cristal e o Materno-Infantil e a remodelación deste último.

Feijóo detallou que o novo edificio contará con 280 camas de hospitalización convencional, 38 para ingresos pediátricos e 56 de hospitalización obstétrica; unha área de Neonatología con UCI pediátrica; urxencias pediátricas e obstétricas; un servizo de Radioloxía e unha área de diálise.

Despois de lembrar que os orzamentos da Xunta para 2022 contemplan 21,8 millóns de euros para este hospital, Feijóo puxo en valor que as obras no CHUO permitirán ampliar un 47% a súa superficie -respecto a de hai doce anos.

Deste xeito, “triplicaremos o espazo da UCI, crearemos unha nova unidade de medicina nuclear e construiremos un novo edificio ambulatorio e un novo edificio administrativo”, detallou Feijóo.

A maiores, haberá 1,5 millóns de euros para comezar as obras do Centro Integral de Saúde no centro da cidade. “O obxectivo en Ourense é investir 120 millóns de euros”, concluíu Feijóo.