Xunta de Galicia impulsa “Vicus Gallaecia”para afrontar os retos en educación e cultura

O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co grupo de empresarios

Vigo | O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión de traballo co grupo de empresarios Vicus Gallaecia, creado no ano 2021 na cidade de Vigo, cos que reflexionou sobre a actual situación da educación e a cultura en Galicia e cos que compartiu os retos que haberá que afrontar no futuro no eido do ensino, a Formación Profesional, a universidade ou as industrias culturais.

O representante da Xunta de Galicia aproveitou a celebración deste encontro, ao que tamén asistiu o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, para agradecer a colaboración e implicación deste foro no desenvolvemento de proxectos que contribúan ao crecemento de Vigo e de Galicia.