Xunta de Galicia e Porto de Vigo forman inspectores contra a pesca ilegal

Iniciativa coordinada coa ONU e a Fundación MarlnnLeg

Vigo | O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou na clausura e entrega de certificados do III Curso de fortalecemento de capacidades para a aplicación do Acordo sobre Medidas do Estado Reitor do Porto (PSM), o primeiro tratado internacional de carácter vinculante centrado especificamente na pesca ilegal.

Esta acción formativa, coordinada pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) en colaboración coa Autoridade Portuaria de Vigo e a Fundación MarInnLeg, contribúe a formar inspectores de todo o mundo para frear prácticas irregulares.

A formación impartida nas instalacións da Autoridade Portuaria de Vigo, comezou o pasado 11 de setembro, foi inaugurada polo conselleiro do Mar, estivo dirixida a profesionais de Perú, Ecuador e Colombia e nela participaron expertos dos servizos de inspección da Axencia Europea de Control da Pesca, da FAO, da Secretaría Xeral de Pesca do Goberno central e da Consellería do Mar, entre outros.

Nas anteriores edicións deste curso formáronse profesionais de Sudamérica e de África en materia de loita contra as actuacións ilícitas no sector pesqueiro.