Xunta de Galicia colabora con FEVEGA no envío de axuda humanitaria a Venezuela

Con máis de tonelada e media de medicamentos e material sanitario
O secretario xeral de Emigración Antonio Rodríguez Miranda, a Delegada de la Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, o presidente de FEVEGA, Manuel Pérez, e a presidenta de APEJUVEG, María Fernanda Ruíz Martín, inspeccionan os medicamentos da axuda humanitaria a Venezuela.

Vigo | O secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, visitou este 6 de outubro a sede da Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) para constatar de primeira man a recolección e xestión de axuda humanitaria a Venezuela, no marco do programa “Axuda Humanitaria Venezuela José Gregorio Hernández”.

Na sede de FEVEGA en Vigo estiveron presentes, ademais de Rodríguez Miranda, a Delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández Táboas, o presidente de FEVEGA e da Asociación “Amigos de Venezuela en Vigo”, Manuel Pérez, e a presidenta da Asociación de Pensionados e Xubilados de Venezuela en Galicia (APEJUVEG), María Fernanda Ruíz Martín, así como membros da comunidade venezolana residente en Vigo.

FEVEGA e as súas nove asociacións membro colaboraron na recolección de máis de tonelada e media de medicamentos, material sanitario e cirúrxico que será enviado a Venezuela de maneira urxente, vía marítima e aérea, durante este mes de outubro, contando coa colaboración loxística da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.

O programa Axuda Humanitaria José Gregorio Hernández se leva a cabo como unha homenaxe a este médico venezolano (1864-1919) venerado no seu país como o “médico dos pobres”, e que recentemente foi santificado polo Vaticano a tenor do recoñecemento dos seus miragres.

O material colleitado para a axuda humanitaria será canalizado e xestionado en Venezuela a través da Irmandade Galega de Venezuela (HGV), en nome do seu presidente José Antonio Alejandro, para o seu posterior envío a ancianatos e outras ONG de axuda á infancia que forman parte deste programa.

A HGV ten participado nestes programas de axuda humanitaria con FEVEGA, coordinando igualmente a recepción e envío cara outras ONGs como Cáritas e Cruz Vermella en diversos puntos do país sudamericano.

En Caracas, Monseñor Mario Moronta, presidente da Conferencia Episcopal de Venezuela, recibiu e santificou a axuda humanitaria enviada con anterioridade pola Xunta e FEVEGA. Nesta foto aparece co presidente da HGV José Antonio Alejandro (dereita).

Entre os medicamentos enviados destaca o Clexane, un anticoagulante que, segundo testemuños desde Venezuela, serviu para salvar centos de vidas nestes difíciles momentos determinados polos efectos da pandemia da COVID-19.

Ademais da axuda humanitaria a Venezuela, Rodríguez Miranda aproveitou para informar sobre a posta en marcha do programa de bolsas universitarias BEME 2021, que beneficiou a máis de 200 estudantes provenientes de países de América Latina, Europa e Asia.

Neste sentido, a actual edición das Bolsas BEME determinou que Arxentina desbancou a Venezuela como o principal país emisor de estudantes cara ás tres universidades galegas, sendo estas a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade de Vigo (UVigo) e a Universidade da Coruña (UDC)