Xornadas gratuítas sobre o castiñeiro en Arbo

No Museo Arabo, os días 24 de maio e 9 de xuño

Arbo | O Concello de Arbo, en colaboración Concello de Riós, a Consellería de Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, e a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), organizan xornadas gratuitas sobre o castiñeiro en Arbo.

As xornadas gratuitas, son de 1 dia de duración, en horario de 10:00 a 14:00 horas no Salón de Conferencias do Museo Arabo, os días 24 de maio e 9 de xuño e a temática será a planificación para plantación de castiñeiros e Pragas e doenzas do castiñeiro.

Estes cursos están dirixidos a produtores en activo, persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria, desempregados na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario, comunidades de montes e aqueles veciños e veciñas que queiran saber máis sobre o castiñeiro e o seu cultivo e coidado.

Na xornada do 24 de maio, explicarase a elección do sitio da plantación: – Orientacións recomendadas – As zonas climáticas do castiñeiro – Tipos de solos aconsellables para a plantación de castiñeiro segundo a súa textura, estrutura e propiedades químicas. –

Limitacións do terreo (Pendente e altitude), a preparación do solo: – 1º Fase: Rozas – 2º Fase: Laboreo, o espazamento dos castiñeiros segundo as condicións específicas do terreo. – 4º A realización de furados segundo o tipo de terreo e a plantacion: Ideas básicas para plantación de castiñeiro – As variedades e os seus polinizadores – Abonado inicial A xornada do 9 de xuño, xira en torno ao coidado dos castiñeiros: Doenzas e pragas.

Para máis información e inscrición deberán achegarse as oficinas municipais do Concello de Arbo, no telefono 986 66 50 00 ou no enderezo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com