
Ourense | O delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, saudou no Complexo deportivo de Monterrei no Pereiro de Aguiar, aos participantes, nas categorías de benxamín e alevín, da primeira xornada de campo traviesa, proba que se encadra no programa de actividades de Xogade para a tempada 2026/2027 e que teñen como obxectivo fomentar la práctica deportiva entre os máis novos, especialmente no ámbito escolar.
O delegado da Xunta explicou que mañá, no mesmo recinto, está programada a segunda xornada desta modalidade na que participarán os escolares das categorías infantil e cadete. Nesta liña, informou que a programación continuará durante este mes de novembro, decembro e xaneiro con xornadas zonais para centros educativos e clubs, antes de pechar a competición co Campionato Provincial previsto para o 30 de xaneiro en Ribadavia.
Ademais desta modalidade, dentro da actividade deportiva escolar de Xogade, tamén están convocadas este curso as de atletismo en pista, bádminton, baloncesto, balonmán, dúatlon, encontros multideportivos, fútbol sala, multijuego 6-8, natación, orientación, patinaxe artística, tenis de mesa, voleibol, xadrez e xogando co atletismo.
Manuel Pardo lembrou que na provincia de Ourense, o programa Xogade contou na tempada 2025/2026 con ao redor de 15.186 escolares (6.357 mozas e 8.829 mozos) rexistrados a través de centros educativos e clubs, que sumaron preto de 27.000 participacións nas distintas modalidades deportivas. No caso concreto do campo a través a participación foi de 6.119 escolares (2.863 mozas e 3.256 mozos).
Pardo destacou a importancia deste programa, xa que reúne toda a oferta deportiva escolar e federada para os rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos co obxectivo de inculcar a práctica de actividade física entre as xeracións máis novas; e significou a importancia do deporte nas idades máis temperás para avanzar cara a unha Galicia activa e saudable, evitando o sedentarismo e a inactividade física.
Centros educativos participantes
Os 17 centros educativos da Agrupación Deportiva Escolar As Burgas que participan nestas xornadas son o CEIP Virxe de Covadonga, CEIP Mariñamansa, CEIP Manuel Luis Acuña, CEIP Manuel Sueiro, CEIP As Mercedes, CEIP Prácticas, CEIP Mestre Vide, CEIP Curros Enríquez, CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, CPR Cardeal Cisneros, CEIP Seixalbo, CPR Plurilingüe Santo Ángel, Colexio Concepción Arenal, CPR Luis Vives, CEIP Irmáns Villar, CEIP O Couto e o CEIP Vistafermosa; no que asistirán as probas 1052 estudantes.




