Xornada Literaria no Barco de Valdeorras

O domingo 24 de abril no Casino do Barco

O Barco de Valdeorras | O domingo 24 de abril, as 12 horas, celebraranse no Casino do Barco de Valdeorras a Xornada Literaria organizadas polo colectivo de Nós, a Xente do Redor e o Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV).

O programa contará cunha homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán (persoeiro ó que se lle dedican as Letras Galegas deste ano) onde se recitarán poemas do autor. O acto estará presentado por Aurelio Blanco Trincado, recentemente reelexido presidente do I.E.V, gran coñecedor do poeta e un dos máis grandes reivindicadores da súa figura.

Farase unha presentación especial do número 6 da revista Nós a Xente do Redor, coa intervención da pintora Lola Doporto ilustradora da portada, nada en Millarouso (O Barco). Tamén se presentaran os libros: Historias do Fumeiro, de Avelino Jácome e A bela Otero, de Miguel Ángel Martínez Coello.

Coa adquisición dun exemplar da revista agasallarase aos asistentes cunha lámina reproducción da portada, obra de Lola Doporto e unha lámina especial do retrato de Florencio Delgado Gurriarán, de Miguel Ángel Martínez Coello. O acto rematará cun xantar de confraternidade no restaurante San Mauro, da capital barquense.