XII concurso gastronómico Festas Patronais de Covelo

Este 6 de agosto co concurso de croquetas, postres e tortillas na praza Mestre Cerviño

O Covelo | O Concello de Covelo convida a toda a cidadanía a participar no XII concurso gastronómico Festas Patronais de Covelo que terá lugar o domingo día 6 ás 20 horas na praza Mestre Cerviño.

As persoas interesadas poderán participar no concurso de croquetas, no concurso de postres ou no concurso de tortillas. Tan só terán que presentarse na praza ás 20 horas coa sua deliciosa receita. O xurado premiará cun cheque agasallo de 100€ á mellor tortilla e cun cheque de 75€ e outro de 100 €, respectivamente, ás croquetas e postres co mellor sabor.

As bases dos tres concursos poden consultarse na páxina web do Concello de Covelo.

A banda de verán de Xoán Curiel
Dentro da programación “Verán Cultural” do Concello de Covelo a praza Mestre Cerviño acollerá este venres día 2 o obradoiro creativo Como montar a túa banda de verán.

Esta actividade, organizada pola biblioteca pública municipal, está dirixida para cativas e cativos de entre 5 e 10 anos de idade no marco do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

A partir das 20:30 horas as nenas e nenos participantes aprenderán co espectáculo de Xoán Curiel que está configurado a partir da primeira novela-CD da literatura galega Estamos no verán!!! . A historia dus amigos que se xuntan no verán e planifican montar unha banda dará pé a unha actividade participativa que mesturará narración oral, teatro e música de moitos estilos.