Xantar 2021 “Gastronomía dos Camiños” en Ourense

XVI Encontro Internacional sobre Gastronomía Saudable e Sostible
Esta edición coincide coa celebración da festa de San Martiño, clave para a gastronomía ourensá.

Ourense | A 22ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrarase en Expourense entre o 3 e o 7 de novembro e estará centrada na Gastronomía dos distintos Camiños a Santiago.

Este cambio de datas a mes moi especial para a gastronomía ourensá coa celebración do San Martiño e os magostos, é unha das novidades desta edición que quere servir como punto de inflexión que supoña a volta á normalidade.

As novas restricións que conleva a pandemia levaron á organización e Xantar a reducir a 8 o número de restaurantes (entre eles os do INORDE, Sabores de Ourense e BOAGA-Razas Autóctonas) e a 2 as aulas gastronómicas que serán agora moito máis amplas para garantir a seguridade do visitante.

Nestas aulas  se impartirán, entre outras, actividades coordinadas pola Consellería do Mar, pola Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria- AGACAL da Consellería do Medio Rural, por Porto e Norte e pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixe e Mariscos-ANFACO.

No 16º Encontro Internacional sobre Gastronomía Saudable e Sostible que contemplan a realización de talleres de cociña en directo a cargo de prestixiosos chefs e con produtos autóctonos de calidade; o Encontro Internacional de Confrarías Gastronómicas e Enófilas ou o Concurso de Cociña patrocinado polo Grupo Cuevas, entre outros.

Tamén se celebrará unha nova edición do Workshop de Comercialización de Turismo Gastronómico coa participación de operadores de turismo e organizarase por primeira vez unha misión con distribuidores internacionais de produtos agroalimentarios.