“Xaime Quesada Blanco. A fugacidade do tempo”

Mostra antolóxica con 60 obras pictóricas de pequeño e grande formato do artista ourensán

Ourense | A Sala Valente acolle a exposición “Xaime Quesada Blanco. A fugacidade do tempo”, unha mostra antolóxica que reúne 60 obras pictóricas de pequeño e grande formato do artista ourensán.

O tenente de alcalde do Concello de Ourense, Aníbal Pereira, a concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco, e representantes de todos os grupos políticos municipais asistiron esta tarde ao acto de inauguración desta exposición, organizada polo Concello de Ourense e a Fundación Xaime Quesada Blanco.

Estará aberta ao público no espazo expositivo municipal da rúa do Paseo até o día 30 de xuño, e pode visitarse de martes a sábados, de 11.00 a 13.30 h e de 18.30 a 21.30 h, e os domingos de 11.00 a 13.30 h

Xaime Quesada Blanco (1975-2006), único fillo do célebre artista ourensán Xaime Quessada Porto, desenvolveu a súa faceta de artista desde moi temperá idade. A súa carreira expositiva, temporalmente curta pero intensa, deu un salto cualitativo no primeiro lustro do século XXI no que realizou grandes exposicións nas principais cidades de Galicia.

Realizou tamén as súas primeiras incursións no deseño gráfico e o cartelismo, na ilustración de libros e na instalación de varios murais e unha escultura de grandes dimensións en Pontevedra, Homenaxe ao Camiño de Santiago (2001).

O seu prematuro falecemento cando a súa obra comezaba a formar parte de coleccións de arte de institucións públicas e privadas impediu a proxección dun traballo artístico para o que historiadores e críticos auguraban un prometedor futuro.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.