Volve Catavenus 30 anos despois

A agrupación musical actuará en Salceda o 16 de agosto

Salceda de Caselas | O 16 de agosto, Salceda viviu unha noite especial coa volta do grupo de metais Cataventus, nun concerto único na Praza do Concello, onde reinterpretarán os temas míticos dos anos 80 e 90 e novas versións, sempre co seu característico son de Brass Band.

Cataventus formouse hai 30 anos dentro da Banda Cultural de Salceda, converténdose nunha das mellores Brass Band de Galicia. O grupo está formado polos trompetistas Santi Lorenzo, Pablo Fernández, Fran Mora e Alejandro Vázquez, os trompetistas Faustino Núñez e Anibal Sousa, o bombardino de Edu Díz e Fran Válcarcel; César Núñez coa tuba e Roberto Oliveira coa batería e percusión. Con Dj Vakeiro como teloneiro, o concerto rendeu homenaxe a David Fernández, integrante orixinal do grupo falecido en 2016.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.