Visitante 14.000 á exposición ‘Os nosos entroidos’ en Ourense

Trátase da familia Serén Aroca, veciña da capital provincial

Ourense | A familia Serén Aroca, veciña da nosa cidade, foi a visitante número 14.000 da mostra ‘Os nosos Entroidos: exposición de traxes tradicionais e de personaxes’, na sala Valente. Alí foron recibidos polo tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea, quen lles entregou unha máscara de cerámica de Galos.

A mostra, que permanecerá aberta todo o mes de agosto, recibe unha media de 200 visitantes ao día. Está composta por máis dun cento de pezas de 44 entroidos senlleiros da provincia, e pódese visitar no seguinte horario: de martes a sábado, de 11 a 14 horas e de 18.30 a 21.30 horas; os domingos, de 11 a 14 horas. Os luns, o espazo permanece pechado.