VIII Colóquio Luso-Galaico sobre a saudade en Ourense

Únese así a Porto, Santiago e Amarante como sedes deste evento

Ourense | Celebrouse en Ourense o VIII Colóquio Luso Galaico sobre a saudade, unha cita celebrada no Liceo de Ourense dentro dunha programación que tamén suma sedes en Porto, Santiago e Amarante.

A xornada de hoxe no Liceo contou coas intervencións de Afonso Vázquez-Monxardín -coa charla “A presença de Portugal na Revista Nós”-; Juan Manuel Casares -“Florentino López Cuevillas, home da Xeración Nós”-; Manuel Cal Gonçalves -“A saudade e a morrinha em Julio Dantas”-; e Luis Manuel García Mañá -“Unha jornada inesquecible, o día da inauguraçao do monumento em Ourense ao Padre Feijóo”-. Ademais, celebráronse dous paneis de expertos.

O VIII Colóquio Luso Galaico sobre a saudade, que conta nesta edición co I Encontro de Filosofía e Cultura Luso – Galaico, remata mañá venres en Santiago e está organizado polo Instituto de Filosofía Luso-Brasileira, a Universidade de Santiago, a Universidade do Porto, a Universidade de Oviedo, a Câmara Municipal de Amarante, Associaçâo Impulsionadora da Casa da Lusofonía e o Centro Português de Vigo.

Na foto, á dereita, Bernardino Crego Cervantes, presidente do Centro Portugués de Vigo.