Vigo súmase á celebración do “Día Mundial do VMP”

Cun roteiro reivindicativo a favor dos Vehículos de Mobilidade Persoal

Vigo | Asociacións de Usuarios de VMPs de toda España, en conxunto coa Federación Española de Vehículos de Mobilidade Persoal (FEVEMP), así como a plataforma “I Wheel Survive”, puxeron en marcha un proxecto de solicitude para a aprobación do 10 de xullo como “Día  Mundial  do VMP”, dirixido a Nacións Unidas mediante recollida de firmas na plataforma Change.org.

Escóllese o 10 de xullo, en honra e conmemoración do nacemento en 1856 de Nikola Tesla, máxima figura popular do enxeño electromagnético.

Para a cidade olívica, o grupo “Electric Scooters Vigo” organiza un roteiro lúdico-reivindicativo para o venres 10 de xullo ás 19 horas, con saída desde os “Volcáns” en Coia (Avda. Castelao 90) e que percorrerá o carril bici ata o final da Rúa Venezuela para terminar despois na chaira do Concello.

“O roteiro está aberto a todo tipo de vehículos de micromovilidad, bicicletas, patíns e calquera outro medio verde de transporte persoal”

O roteiro está aberto a todo tipo de vehículos de micromovilidad, bicicletas, patíns e calquera outro medio verde de transporte persoal, e pretende reflectir a diversidade acutal nas rúas de distintos tipos de medios de transporte e lúdicos.

A entidade organizadora sinala algunhas medidas de seguridade recomendadas para a concentración: manter a distancia de seguridade e o uso de máscaras, así como a recomendación do uso de casco.

Algúns dos asistentes poñerán a disposición algúns tipos de vehículos para as persoas interesadas neste tipo de transporte, co fin de que poidan probalos, tanto no punto de partida como no punto de chegada.

Para as asociacións de VMPs organizadoras do evento a nivel estatal, é necesario concienciar e sensibilizar á sociedade sobre o cambio real no paradigma dos desprazamentos  diarios. Os vehículos de mobilidade persoal desconxestionan o tráfico e tranquilizan a velocidade dos automóbiles, en especial os traxectos cotiáns nas grandes urbes; son a solución de mobilidade máis compacta, versátil, segura, silenciosa, manexable, divertida e non contaminante impulsada por un motor eléctrico.

Ademais reivindícase a súa eficacia como medio de transporte sostible e ecolóxico, que achega respecto ao medio ambiente tan necesario para o noso planeta en pleno S. XXI, pois se trata de evolucionar entre todos cara a un futuro mellor. Un VMP representa o 1% do impacto dun automóbil no ámbito do aforro enerxético, económico, ecolóxico e de perigo #ante impacto, obtendo unha redución do 99%!