“Valença e Tui con historia…”, calendario da Eurocidade para o vindeiro 2021

Con pinturas en acuarela do artista portugués Antonio Nunes
 

Tui | A Eurocidade Tui-Valença vén de editar o calendario de 2021 co título “Valença e Tui con historia…” ilustrado polo artista portugués Antonio Nunes.

Ao longo dos doce meses do ano pódese facer un percorrido pola Praça da República e o Edificio dos Paços, a capela de San Teotonio, o Monte do Faro e a Capela de Santa Ana, a Igrexa de Santa María dos Anjos, e Fortaleza e a igrexa de Santo Estevao, e a Estación ferroviaria de Valença e pola a vella Ponte Internacional, a capela de San Telmo, o centro de Interpretación do Parque Natural do Monte Aloia, o Paseo da Corredoira de Tui, a Igrexa de San Domingos e a Catedral de Tui.

Os calendarios distribuiranse dende o luns, 21 de decembro, e até fin de existencias, na casa do concello a cambio de alimentos non perecedoiros. Todos os alimentos entregados serán logo distribuídos polos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui e SOS Tomiño Baixo Miño. Agradécese principalmente a entrega de conservas de froitas, legumes ou peixe e produtos de Nadal…

Outros artigos