
Allariz | O PSdeG-PSOE de Ourense vén de celebrar esta tarde en Allariz a V Xuntanza Socialista de Ourense, consolidade un ano máis coma unha das citas máis importantes, non só para o socialismo ourensán, senón tamén para o galego. Un encontro que reuniu a máis de 300 persoas chegadas de toda a provincia e tamén doutras zonas de Galicia e que ano tras ano sirve como punto de convivencia e reflexión política do socialismo ourensán.
A Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense destacou a relevancia desta quinta edición, subliñando que o encontro se consolidou como unha cita “imprescindible” no calendario político da provincia, tanto polo seu carácter participativo como polo seu papel na cohesión interna da organización.
Patxi López asegurou que “a política útil é a que mellora a vida da xente”, defendendo que o Goberno progresista impulsou medidas que chegaron “a todas as familias, a todos os traballadores e traballadoras e a todos os territorios”
José Ramón Gómez Besteiro puxo en valor a continuidade desta xuntanza ao longo de cinco anos consecutivos, subliñando que “non é habitual manter no tempo un encontro que non só reúne á organización, senón que tamén reafirma a súa identidade política e o seu proxecto colectivo”.
Álvaro Vila subliñou o carácter especial desta xuntanza, sinalando que “volve demostrar que o socialismo ourensán ten raíces profundas e un presente vivo, con capacidade para seguir construíndo futuro desde a proximidade e o traballo diario en cada municipio”. Elena Peaguda, voceira socialista no Concello de Allariz, dixo que: “Outra Ourense e outra Galicia son posibles se somos capaces de crer e organizarnos”.
Durante o acto entregáronse os Premios ConMemora 2026, que recoñeceron as traxectorias de Camilo Ocampo e Elena Espinosa polo seu compromiso co servizo público, a súa dedicación institucional e a súa contribución ao desenvolvemento de Ourense e Galicia.




