Uxía e Cristina Branco estrean en Braga “Fado Convergente”

Este 23 de abril no marco do Festival Convergências Galiza-Portugal

Braga | A cantora galega Uxía e a fadista portuguesa Cristina Branco presentan un novo espectáculo xuntas. “Fado convergente” é o nome do encontro de dúas das voces máis queridas da Península coas liñas do fado, do Zeca Afonso ou Rosalía de Castro e a lembranza e homenaxe ao querido mestre Carlos do Carmo.

No palco están acompañadas por dous grandes músicos, Bernardo Couto na guitarra portuguesa e Sérgio Tannus na guitarra, cavaquinho e viola caipira.

A estrea deste novo espectáculo acontece hoxe, 23 de abril, en Braga no marco do Festival Convergências Galiza-Portugal, que marca a súa séptima edición e que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!