Unidade móbil de doazóns de sangue na Guarda

Estará ee xoves 6 de xullo na rúa Rosalía de Castro

A Guarda | Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao Carón do Centro Cultural) o xoves 6 en horario de 10:15 ás 14:30 horas e de 16:30h a 21:00h.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás.

Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.