UNED de Vigo abriu as I Xornadas UE-América Latina e o Caribe

Na sesión inaugural estivo presente a Vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias

Vigo | A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu na UNED de Vigo ás I Xornadas EU – LAC , unha cita organizada pola institución educativa na que se analizaron as prioridades e compromisos futuros dos países da Unión Europea e de América Latina e o Caribe e que contou coa presencia e participación de destacados representantes de organismos internacionais.

Na apertura das xornadas, Fernández-Tapias destacou o “forte vínculo que une os territorios da Unión Europea e de América Latina e o Caribe. Temos unha historia común grazas a unha relación que construímos ao longo dos séculos”. Ademais, confirmou o “compromiso e aposta pola colaboración entre diferentes entidades” da Deputación, co fin de “avanzar e aproveitar as oportunidades de desenvolvemento”.