Un ourensán pode chegar á final de Recantos Ourense

O 24 de xuño actuará en terceira rolda para meterse nas semifinais

Ourense | Iván Pérez, un artista ourensan en alza, cunha potente voz e unha interpretación mesurada e clásica, lembrando a aqueles grandes da balada (anos 60 e 70), fíxose cun oco no corazón do público.

Aos poucos foi superando fases dentro do concurso Lunar da TVG, alcancando a quinta fase, o venres 24 de xuño, actuará en terceira rolda para meterse nas semifinais.

En palabras do artista “necesito máis que nunca o apoio da miña xente, será ultíma vez que se pode votar, despois en semifinais a decisión xa é dos xuíces, pero eu, sentiríame ganadar alcanzando as semifinais” sempre con humildade e malgastando elegancia, comentábanos en Orixe Publicidade que é a axencia encargada de difundir a imaxe do cantante.

A verbena xa puxo a súa mirada neste mozo que persegue os seus soños con afán, na actualidade forma parte do grupo Kamelot e xa estará presente en moitas das festas de Galicia e mesmo de Asturias e Cantabria. Os ourensáns votarán en masa o venres 23 de xuño, para apoialo. Ademais forma parte do colectivo Cultural de “Nós, a Xente do Redor” cos que participou de forma altruísta no macro concerto, Gala SOS Ucraína, que recadou fondos para as victimas da Guerra.