
Ponteareas | Cunha importante presenza de artistas internacionais coa colaboración da Xunta, a Deputación e o Concello foi clausurado este 22 de agosto a edición do Festival Groba 2026 coa actuación da Orquestra da Cámara Galega.

Entre o 16 e o 22 de agosto estiveron presentes no Auditorio Reveriano Soutullo artistas e agrupacións internacionais como o coreano AST Quartet, dentro da súa participación no Programa Mentorship do Festival Groba; Mathieu Herzog nunha magnífica interpretación de Mozart; Alena Baeva, Kyril Zlotnikov e Zee Zee con interpretacións de Schubert; Darío Mariño, Vincent Tohier, Alessandra Tirsu, Hrachya Avanesyan, Jean-Baptiste Doulcet con obras de Franck, Rogelio Groba e Saint-Saëns que ofreceron veladas musicais que perdurarán na memoria dos asistentes a este Festival, cada vez máis consolidado como unha cita musical de envergadura.





