Turismo de Galicia avanza na promoción do astroturismo en colaboración cos destinos Starlight

O director de Turismo mantivo unha reunión de coordinación con representantes destes territorios

Santiago de Compostela | Xosé Merelles, director de Turismo de Galicia, mantivo unha reunión de coordinación con representantes dos destinos Starlight de Galicia para abordar as oportunidades que ofrece o astroturismo e avanzar na súa promoción. O encontro, celebrado na Axencia de Turismo de Galicia, permitiu tamén facer balance do traballo realizado con motivo da eclipse do 12 de agosto de 2026.

Durante a xuntanza, analizaron o traballo desenvolvido arredor deste fenómeno astronómico, así como as novas oportunidades que se abren a partir da oferta vinculada ao astroturismo nos distintos territorios. Neste contexto, puxéronse en común as experiencias e necesidades dos destinos e abordáronse diferentes propostas para continuar avanzando na promoción desta actividade turística.

O encontro enmárcase na colaboración que Turismo de Galicia mantén cos destinos Starlight para poñer en valor os seus recursos naturais e paisaxísticos e aproveitar o potencial do astroturismo como elemento de diversificación da oferta.

A reunión permitiu así compartir as prioridades dos diferentes destinos e establecer liñas de traballo para seguir desenvolvendo o astroturismo en Galicia, aproveitando o interese que xeran os fenómenos astronómicos e a singularidade dos espazos recoñecidos como destinos Starlight.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.