Turismo de Galicia aposta polo balneario de Berán de Leiro

Está en proxecto a construción dunha pasarela que conecte a parroquia de Leiro con San Clodio

Ourense | O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo hoxe unha reunión co alcalde do Concello de Leiro, Francisco José Fernández Pérez, co presidente da entidade menor de Berán, Avelino Carballal, e con representantes do Balneario de Berán para analizar as posibilidades que ofrece a recuperación da actividade termal para reforzar o atractivo turístico do municipio e complementar os recursos da contorna. Neste sentido, abordouse a integración da nova oferta termal cos atractivos patrimoniais, gastronómicos e vitivinícolas de Leiro e da comarca do Ribeiro, así como coas experiencias turísticas que ofrece o territorio.

Durante o encontro, abordáronse a concesión do Balneario de Berán e o proxecto de construción dunha pasarela que conecte a parroquia de Leiro con San Clodio. Esta infraestrutura contribuiría a mellorar a conexión entre ambos núcleos e facilitar a mobilidade, ao tempo que favorecería o aproveitamento dos recursos turísticos e paisaxísticos da contorna. Estas iniciativas buscan impulsar a diversificación da oferta turística, valorizar os recursos locais e contribuír á dinamización económica do Ribeiro.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.