Tui recibe a Liliana Benveviste, embaixadora da Red de Juderías na Arxentina

Intercambio de coñecementos sobre o patrimonio xudeu

Tui | O Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu esta mañá na Casa do Concello de Tui, a Liliana Benveniste, embaixadora da Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad, que neste días visita a nosa cidade para achegarse ao coñecemento do rico patrimonio xudeu que atesoura Tui e outras localidades de Galicia.

Liliana Benveniste é compositora e interprete de música sefardí, así como está dedicada dende hai anos á investigación e difusión da cultura sefardí, á difusión da lingua, cultura e costumes ligadas a este rico patrimonio cultural.

En recoñecemento a este labor foi nomeada Embaixadora da Red de Juderias – Camino de Sefarad en Arxentina coa misión de trasladar a actividade da Red e xerar sinerxías e colaboracións para tender pontes co sefardismo actual. Liliana Benveniste á tamén a creadora do Centro Cultural Sefardí en Buenos Aires, forma parte do grupo de expertos de recuperación do xudeuespañol creado por Israel.

Finalmente é a editora, xunto con Marcelo Benveniste, de eSefarad – Noticias del Mundo Sefaradí (www.eSefarad.com.ar) que se compoñe dun sitio web www.eSefarad.com, unha canale de TV “eSefaradTV” para transmisión de eventos en vivo, unha Radio por Internet “Radio Djohá“ e o “Boletín Semanal eSefarad” con distribución de alcance mundial e mais de 13.000 subscritores.

Enrique Cabaleiro agradeceulle a Liliana Benveniste a súa visita á cidade de Tui e o interese mostrado polo patrimonio xudeu que conserva a nosa cidade.

Pola súa banda, a música e investigadora sefardí expresou a súa admiración polas pegadas xudías que conserva a cidade de Tui, especialmente a súa colección de “sambenitos” así como polo traballo que na nosa localidade se ven realizando para a promoción deste legado e que agora tamén se divulgará dende as canles que promove tanto en Arxentina como a través dos novos medios de comunicación.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos