Tui recibe a doazón dunha traxe tradicional masculina

Corresponde ao falecido Francisco Javier González Pereira

Tui | O Concello de Tui vén de recibir a doazón dun traxe tradicional tudense de home. O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente, recibiron a doazón de María Pilar González Pereira, que entregou ao concello a chaqueta, a camisa, o chaleco, os calzóns, o pantalón, os zapatos con medias, o broche e o gorro do seu irmán falecido Francisco Javier González Pereira.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, manifestou no momento de entrega o agradecemento á María del Pilar González Pereira pola súa xenerosa achega que enriquece as coleccións do Concello de Tui. O rexedor comprometeuse a realizar unha exposición pública deste traxe co obxectivo de contribuír á difusión e valorización desta vestimenta tradicional que singulariza á nosa cidade expresando a riqueza patrimonial tudense que abrangue tamén á indumentaria tradicional.

Tui posúe o privilexio de contar cunha lámina, da segunda metade do século XVIII, que reproduce a vestimenta dun home identificado como “un gallego de Tuy” que acompaña a unha galega de Noia. Unha ilustración realizada por Juan Cruz de Olmedilla (Madrid, 1734 – 1790) que foi un xeógrafo, cartógrafo, gravador e ilustrado español do século XVIII. En 1777 comezou a edición da “Colección de trajes de España, tanto antiguos como modernos, que comprehende todos los de sus dominios” correspondendo esta ilustración coa lámina 82 desta obra.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.