Tui presente na BTL de Lisboa

Coa Eurocidade Tui-Valença e coa Red de Juderías de España

Tui | Valoración positiva da promoción turística de Tui na BTL, Bolsa de Turismo de Lisboa, onde está a participar coa Eurocidade Tui-Valença e coma membro da Red de Juderías de España. A BTL é a maior feira de turismo de Portugal, e reúne até este domingo aos profesionais do sector turístico pero tamén ao público en xeral.

A Eurocidade Tui-Valença estase a promocionar dentro do stand xeral de Turismo Porto e Norte de Portugal. Pero amais tamén no stand da Red de Juderías de España.

Onte á tarde presentábase en Lisboa presentar o proxecto “Río Miño, un destino navegable” promovido polas Eurocidade Tui- Valença e Salvaterra-Monçao, xunto a Turismo de Galicia e Turismo Porto e Norte de Portugal, do mesmo xeito que se fixo a finais de xaneiro en FITUR en Madrid.

A Eurocidade Tui-Valença está a presentar tamén na BTL as novas guías con información cultural tanto de Tui como de Valença, as actividades financiadas con fondos europeos, e información de interese para as persoas que realicen o Camiño Portugués entrando a Galicia dende Tui. Esta nova publicación está xa dispoñible na Oficina de Turismo de Tui.

O Camiño de Santiago é outro dos atractivos turísticos nos que se fai fincapé nesta destacada cita, tendo en conta a posición estratéxica de Tui coma porta de entrada do Camiño Portugués a Galicia. Tamén se da a coñecer o proxecto Unicidade que Tui leva a cabo de xeito conxunto con Valença e as actividades que se desenvolven ao longo da mesma.

Iniciativas que foron están sendo acollidas con interese polas autoridades, visitantes, e touroperadores. Onte á tarde tiña lugar tamén unha degustación gastronómica na que os peixiños e as pastas de améndoa elaboradas polas monxas Clarisas de Tui, estiveron presentes.

Amais Tui promociona o seu legado sefardí coma unha das cidades integradas na Red de Juderías de España que estará presente na BTL cun atractivo stand, no que dar a coñecer os atractivos e patrimonio dos municipios desta agrupación.

I Xornada de Negocio “Mulleres Conectadas”
“Mulleres Conectadas” é o título do primeira xornada de negocios que se vai celebrar o martes, 29 de marzo, na Aula da UNED de Tui. Está organizado polo Concello de Tui, a través da concellería de igualdade, dentro programación do mes de marzo.

“Mulleres conectadas” será encontro de mulleres, un espazo para xerar oportunidades, compartir experiencias, crear redes e fortalecer o talento con un fin común, profesional, persoal e colaborativo. Será un encontro en feminino para promocionar, coñecer e conectar.

Esta actividade, baseada na filosofía Networking consiste no establecemento dunha red profesional de contactos que permite darnos a conocer a nosotros y a nuestro negocio, escuchar y aprender de los demás, enseñar o intercambiar información, conocimiento o contactos que ayuden a fortalecer nuestras relaciones y conseguir beneficios profesionales mutuos, para avanzar más rápido. Mulleres Conectadas é unha ferramenta comercial, para conectar persoas e empresas con una característica común, ser muller empresaria , emprendedora ou directiva. Unha actividade organizada pola concelleria de igualdade da man de Qonet networking.