Tui conta con catro centros de compostaxe comunitaria no centro urbano

Con capacidade para xestionar residuos orgánicos de até 650 persoas

Tui | O Concello de Tui conta con catro centros de compostaxe comunitaria no centro urbano, tras a apertura nas últimas semanas dos centros situados na prolongación da rúa Casal Aboy e a carón da Praza de Abastos. Estes centros de compostaxe comunitaria poden acoller e xestionar residuos orgánicos de até 650 persoas.

O obxectivo destas localización é dotar de composteiros a estas areas da cidade, facilitando o uso deste servizo as persoas que viven nestas zonas.

Dende que en 2017 se puxo en marcha o Plan de Compostaxe Municipal, a través do Plan Revitaliza da Deputación, téñense xestionado máis de 100 toneladas de bioresiduos a través da rede de composteiros comunitarios.

O obxectivo para este 2021, recollido no Plan de Compostaxe Municipal, é contar con seis centros de compostaxe comunitaria, e 500 composteiros individuais nas vivendas de todo o termo municipal.

O uso dos composteiros comunitarios
O uso dos composteiros comunitarios é moi sinxelo, e nos carteis informativos situados en cada un deles explícase o que se pode depositar e como facelo, e o que non.

Os restos orgánicos débense depositar no módulo sinalizado cun punto verde. A continuación débense cubrir co estruturante dispoñible nos caixóns laterais.

A carón dos composteiros hai dispoñible unha billa. As persoas que teñan calquera dúbida poden contactar coa mestra composteira municipal no 687 24 99 53 no correo electrónico en compostaxe@tui.gal.

A Volta Ciclista a España pasará por Tui
A Volta Ciclista a España pasará este sábado, 4 de setembro polas rúas do centro urbano de Tui. Será a 20ª etapa que sairá dende Sanxenxo e terá a liña de meta no Castro de Herville en Mos, tras un percorrido de 202,2 quilómetros.

A partir das 13.10 h prevese o pase da caravana publicitaria que acompaña cada etapa, e agárdase que o pelotón poida estar nas rúas tudenses ás 14.20 h.

Debido ao paso da Volta Ciclista a España o sábado, dende ás 7 h, non se poderá estacionar nas rúas Irmáns Maristas, Ourense, Martínez Padín, e na Avenida de Portugal até o cruzamento coa N-551. Nesta zona os contedores serán trasladados puntualmente ás beirarrúas nesta xornada. Deste xeito, Tui volverá ver pasar a serpe multicolor da Volta Ciclista a España este sábado ao mediodía.