
Arbo | A XXX edición de Arbomostra, que coincidirá coa LXVI Festa da Lamprea a celebrarse do 24 ao 26 de abril, combinará gastronomía, tradición, cultura e viño consolidando a Arbo como o epicentro gastronómico do noroeste peninsular.
As oito adegas arbenses de Denominación de Orixe Rías Baixas estarán presentes no recinto de Arbomostra na Praza do Mercado a partir das 17:30 horas do venres 24 ata o domingo 26 en horas da noite. O evento tamén reunirá a produtores locais, artesáns, expositores e chefs que amosarán ao público as tradicionais recetas transmitidas durantes xeracións e que forman parte esencial do patrimonio gastronómico local. Tamén estarán presentes os grupos Sorcha, A Xaiva, Mel de Meiga, O Son das Tabernas e Somoza Trío.




