Terras Bendaña e Adegas Celme foron premiadas en Ribadavia

Polo uso do galego nas suas etiquetas

Ribadavia | Os premios Bacelo de Prata entregaronse na Casa dos Ulloa (Esposende) as adegas Terra Bendaña (Ribeira Sacra) e a Adegas Celme (Ribeiro). A iniciativa da asociación Álvaro das Casas chegou a súa edición número catorce, na que se premiou o apoio á lingua galega de dúas bodegas que apostan por lanzar as súas etiquetas en galego.

A primeira delas ten a súa sede en San Pedro de Líncora, Chantada, (Lugo). Foi pioneira no uso da lingua galega na etiquetaxe do seu viño Terras Bendaña, feito con variedades propias do territorio. Tras trinta anos de actividade, a bodega conta cun Centro Etnográfico Ribeirao promovendo unha homenxae as paraxes da ribeira chantadina.

Adegas Celme naceu en Astariz, Castrelo de Miño, (Ourense) da man de dous novos emprendedores que decidiron sacar adiante o seu proxecto vital apostando pola recupación do agro como forma de vida.

No acto de entrega dos premios, que contou coa actuación musical de María do Ceo, é unha comida posterior, o presidente da asociación, Avelino Muleiro, destacou que o uso do galego por parte de proxectos empresariais da comunidade debe ser unha prioridade.