Termatalia 2022 acolle o primeiro “World Coffee Challenge”

A edición celebrarase de forma paralela e complementaria á feira entre o 29 e o 30 de setembro

Ourense | Termatalia, Feira Internacional de Termalismo, foi elixida sede para a celebración do Primeiro Concurso Internacional de Café Tostado en Orixe, o World Coffee Challenge, un evento que empodera aos produtores de café e que reunirá en Ourense a caficultores de distintos países co obxectivo de promocionar a calidade do café tostado en orixe, un produto que promove a sustentabilidade e a ética comercial. Celebrarase de forma paralela e complementaria á feira nos días 29 e 30 de setembro 2022.

Trátase dun concurso organizado pola start- up francesa “ alternative. cafe” que avoga por un novo modelo de café “da planta á cunca”. O World Coffee Challenge reunirá durante 2 días, no marco de Termatalia, aos mellores produtores de café de América do Sur e Central, África, Asia e Oceanía.

O obxectivo principal deste concurso é achegar ao produtor e ao consumidor: por unha banda: educar aos consumidores sobre o café, facer que aprecien as calidades organolépticas dos cafés tostados en orixe e a diversidade dos terruños cafeteiros, facer que valoren a transmisión de experiencias.  Polo outro: axudar aos produtores para comunicar e comprender as expectativas do mercado; fomentar iniciativas locais que promovan a calidade e mellores prácticas sociais e ambientais ( RSE), crear conciencia sobre o interese das designacións xeográficas nos territorios cafetaleros para protexer o produto procesado localmente.

Un xurado de expertos
Sumando sinerxias, o xurado deste concurso estará presidido pola directora da Cata Internacional de Augas de Termatalia, Mercedes González Rodríguez, que é experta en análise sensorial e organoléptico. Entre os compoñentes do xurado do World Coffee Challenge poderán atoparse profesionais do café ( baristas, distribuidores…) e profesionais do gusto (chefs, catadores, afeccionados ilustrados…).

Os mellores cafés do mundo, xa sexan Arábica ou Robusta, serán premiados no acto oficial ao que asistirán representantes institucionais de Galicia, así como diplomáticos dos países produtores.

Unha selección excepcional de cen cafés
Grazas á acción combinada dos delegados internacionais que conforman a “rede Termatalia” (a feira conta cunha vintena de delegados internacionais que cobren máis de 40 países) e a dos colaboradores de alternative. cafe, levou a cabo unha rigorosa selección nunha trintena de países produtores.

Espérase que preto dun centenar de cafés excepcionais compitan neste concurso polos premios que lles permitirán non só ser recoñecidos no seu país, senón que tamén lle abrirán oportunidades con distribuidores españois, franceses e do resto de Europa.

Sobre alternative.cafe
Quentin Rouyer fundou alternative.cafe despois de darse conta da desigualdade da industria do café: os caficultores mantéñense fóra do paso de xeración de valor, a torrefacción. Despois de graduarse de HEC Paris, quixo achegarlles os seus coñecementos e defender a súa visión ética e social do comercio internacional. Por primeira vez en Europa, alternative. cafe traballa directamente e en asociación cos produtores. Todos os cafés ofrecidos son cultivados, tostados e envasados polos seus produtores, actores da súa economía local.