Terceira edición das xornadas de formación universitaria para maiores de 50 anos en Monforte

Acordo entre o Concello e a USC

Monforte de Lemos | Gloria Prada, tenente de alcalde, inaugurou no Centro Cívico de Monforte as xornadas “Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento”, encadradas dentro un programa de formación universitaria dirixido a maiores de 50 anos, froito do acordo que a entidade monfortina estableceu coa Universidade de Santiago de Compostela (USC). No acto estivo acompañada pola Directora do Programa Universitario de Maiores, Mª Esther Olveira Olveira.

O programa de formación universitaria, que por terceira vez se celebra en Monforte con estas características, está composto por diversos seminarios formativos, totalmente gratuítos.

Neste senso, cabe destacar o éxito no número de inscricións, que se cifra en 29 persoas, 14 máis que na edición anterior. Nestas xornadas, púidose inscribir calquera persoa maior de 50 anos, de xeito totalmente gratuíto, e non era necesario posuír ningunha formación previa específica.

A concelleira destacou na súa intervención que “para o Equipo de Goberno do Concello e para Monforte é moi importante que se celebren este tipo de xornadas na nosa cidade, dirixidas á nosa poboación maior de 50 anos, que moitas veces non ten nin os recursos nin a oportunidade de acceder a este tipo de coñecementos”. Neste senso, concluíu Prada “con este programa garantimos o dereito de todos os cidadáns ó acceso a educación superior independentemente da súa idade, xénero, domicilio ou recursos, é dicir, contribuímos á democratización do coñecemento entre os nosos cidadáns”.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos