Taboleiro pola igualdade en Lugo

Coa Gran Mestra Feminina de xadrez, Yudania Hernández

Lugo | A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, achegáronse ata a praza de Santa María de Lugo para presenciar a exhibición de xadrez ao aire libre Taboleiro pola igualdade, a cargo da Gran Mestra Feminina Yudania Hernández.

A actividade forma parte do proxecto Xóvenes Peregrinos que impulsa a Escola Luguesa de Xadrez co patrocinio da Xunta a través de O Teu Xacobeo, e que esta semana achega a Lugo unha concentración nacional de xadrez de alto nivel que inclúe actividades para o público en xeral.

As exhibicións seguen mañá nos xardíns do Museo de Lugo (18.00 horas) e o domingo na praza do Concello de Palas de Rei (12.00 horas).