“Somos Ribadumia” denuncia o estado “lamentable” do local de servizos sociais do Concello

Problemas de humidades e deficiencias construtivas

Ribadumia | O 14 de febreiro do 2020 denunciamos, vía escrito municipal, as numerosas deficiencias é o lamentable estado no que se encontraba o local de servizos sociais do Concello, sito na antiga casa consistorial.

Tal como explicabamos naquel momento, ademais dos problemas de capacidade eléctrica que provocaban que os traballadores non puideran conectar a calefacción, había deficiencias construtivas na parte nova da edificación, entradas de auga e humidades que estaban deteriorando as paredes. Meses despois, David Castro declarou en pleno que se habían resolto todas as deficiencias construtivas e que os problemas eléctricos estaban en vía de solucionarse.

Pero, tal como explica Enrique Oubiña, que visita o centro de edificios sociais, ao igual que o resto de instalacións e espazos públicos municipais de xeito habitual , “un ano despois chega con entrar pola porta do centro para comprobar que, en contra do declarado polo alcalde, non se fixo ningunha actuación, e que o edificio segue deteriorándose ante a impasividade de David Castro, que non volveu pisar a instalación dende que foramos coa prensa presentar a nova hubicación do departamento de Servizos Sociais, fai catro anos”.

Como se explicou no seu momento os problemas de humidades, ademais de degradar a construción, traen consigo problemáticas de salubridade, que poden afectar aos alimentos e a roupa que se almacenan nese edificio. “ Afortunadamente o bo traballo do persoal de Servizos Sociais e vital que os alimentos permanezan moito tempo no centos, pero iso non é motivo para deixar o edificio abandonado”.

Dende “Somos Ribadumia” lamentamos a desidia do goberno local, e en particular tanto do alcalde como das concelleiras de política social é a de urbanismo, que por certo cobra unha liberación sen que teñamos claro, á vista dos feitos, en que emprega o seu tempo. E pedimos, unha vez máis, ao goberno local que asuma as súas responsabilidades, e solucione os problemas que teñen os edificios municipais, tanto neste caso como no resto e edificios e noutros espazos públicos, “Porque non é só este edificio. Aos parques infantís non lles tocou ninguén dende que nós saímos do goberno, algo que xa denunciamos a finais do ano pasado, é antes diso no outono do 2019.