Ribadumia/Somos Ribadumia | Cando o pasado 18 de xuño presentamos por rexistro un escrito, pedindo acceso ao proxecto para a obra que o goberno ten previsto realizar na contorna do CPI Xulia Becerra Malvar e o campo de fútbol de A Bouza, que significará a perda da totalidade das prazas de aparcadoiro nesa zona, e que alcaldía comparecese publicamente e explicase os pormenores desa obra, que afectan tanto á comunidade educativa como ao Umia C.F. como á veciñanza de Barrantes, non pensamos que o nivel de falsidade e cinismo de David Castro puidera chegar as cotas as que chegou, mentindo descaradamente á oposición e enganado aos céntimos afectados.
Cómpre recordar que nese momento David Castro optou polo silencio e por negarnos a documentación requirida. Foi semanas despois, no pleno do 1 de xullo, cando, tal como explica Oubiña, “deu unha lixeira explicación declarando que ese proxecto estaba aínda en redacción polo que non podiamos acceder a el ao estar sen completar, que a idea era presentarse a unha axuda da Deputación, en concreto ao plan ReacPon.
Tamén declarou no pleno que se ía concretar e, sobre todo, consensuar o proxecto co Umia C.F e coa comunidade educativa – dirección do colexio e ANPA – e que se levaría o proxecto a pleno en agosto, antes de presentar a solicitude da suvbención, para que toda a oposición tivera perfecto coñecemento do mesmo”.
Porén, todo canto David Castro e Pilar Martinez declararon en pleno resultou ser unha falsidade.
Vimos de ter coñecemento de que o Concello de Ribadumia solicitou xa no mes de marzo acollerse a liña 2 do plan Ágora da Deputación de Pontevedra, liña dirixida á execución de obras de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos dos concellos da rede Ágora, da que o concello de Ribadumia forma parte.
“O Concello de Ribadumia solicitou xa no mes de marzo acollerse a liña 2 do plan Ágora da Deputación de Pontevedra”
E vimos de ter coñecemento da aprobación por parte da Deputación desta liña, cun importe total de 100.000€, que corresponde co máximo do 20% do total do proxecto, proxecto do cal non temos información algunha a pesar de tela solicitado, pero que atendendo as porcentaxes establecidas sería un proxecto dun mínimo de 500.000€, que o goberno non incluíu nos orzamentos a pesar de ter solicitada a axuda antes da aprobación do mesmo o 13 de abril.
Polo tanto, de partida “resulta que o proxecto que David Castro asegurou en xullo que estaba en proceso de redacción, levaba dende principios de anos redactado e xa estaba presentado na Deputación. Disto despréndese que todo canto David Castro fixo co Umia C. F. e coa comunidade escolar foi un paripé, pois o proxecto xa estaba definido e decidido. Polo tanto, David Castro en ningún momento tivo intención de consensuar este proxecto con ninguén”.
Que dende o momento en que Somos Ribadumia fixemos públicas as súas intencións de eliminar o aparcadoiro do Colexio David Castro non volvese reunirse con ningún dos colectivos afectados, e optara polo silencio, confirma claramente que ese proxecto se vai impoñer pola forza.
Pero non so enganou a estes colectivos. Cando se debateu o orzamento no pleno do 13 de abril, David Castro asegurou á oposición que o proxecto de modificación da contorna do CPI , pavillons e campo de fútbol, estaba parada pendente de realizar as obras proxectadas polas Xunta no Colexio.
E non só non estaba parado, senon que xa meses antes se había modificado o proxecto inicial, traizoando así os compromisos adquiridos con veciñanza, colectivos, e entidades, e xa nese momento tiña presentado na Deputación un proxecto de máis de 500.000€ , que ocultou dos orzamentos, unha actitude irresponsable, ademais de falsa e moi miserable.
Por outra banda, esta mesma semana tivemos tamén coñecemento de que o Concello de Ribadumia presentou solicitude para obter fondos do plan ReacPon da Deputación de Pontevedra, tamén para a realización dun proxecto, entendemos que se trata do mesmo, na contorna do CPI e o campo de fútbol. “David Castro no pleno do pasado 1 de xullo comprometeuse a levar a pleno en agosto este proxecto antes de presentar a solicitude na Deputación. Algo que non podía ter pasado, porque o prazo para acollerse a esta liña rematou o 2 de agosto.
“O Concello de Ribadumia presentou solicitude para obter fondos do plan ReacPon da Deputación de Pontevedra, tamén para a realización dun proxecto, entendemos que se trata do mesmo, na contorna do CPI e o campo de fútbol”
Outra vez, David Castro fala, e só di falsidades”. Con todo, e para que fique claro cal é a actitude do alcalde e do goberno, a día de hoxe non se convocou ningún pleno, nin xunta de voceiros, nin o alcalde informou aos voceiros da oposición de nada relativo a este proxecto. Habendo dous proxectos presentados na Deputación, non se nos deu acceso a documentación de ningún deles.
Dende Somos Ribadumia, a diferenza do goberno local que dende xuño manténse lonxe dos colectivos afectados por esta obra, si mantemos as vías se dialogo abertas. Logo de conversas coa directiva do Umia C.F., da dirección do CPI e da ANPA, temos constatado que non existe consenso do proxecto que pretende realizar con ningunha das partes afectadas. E evidentemente síntese enganados, pois David Castro ocultoulles tamén a estes colectivos que xa en marzo tiña presentada unha solicitude para a realización deste proxecto, ou sexa, que o proxecto xa estaba redactado e pechado, e non había pola súa banda a máis mínima intención de consensuar nada.
Dende o noso punto de vista é totalmente inadmisible que un alcalde minta no pleno, minta aos voceiros da oposición e lles oculte e impida o acceso aos proxectos que se financian con fondos públicos.
Pero sobre todo, é totalmente inadmisible que o alcalde minta aos colectivos do concello, neste caso concreto ao UMIA C.F., e as directivas do CPI Xulia Becerra Malvar e da ANPA do mesmo, máis aínda se cabe cando falamos dun proxecto desta importancia e que vai afectarlles tan directamente.
“É totalmente inadmisible que o alcalde minta aos colectivos do concello, neste caso concreto ao UMIA C.F., e as directivas do CPI Xulia Becerra Malvar e da ANPA do mesmo”
Por todo isto, está mañá preséntanos un escrito no concello solicitando de novo acceso aos expedientes desas obras, e tamén que David Castro explique publicamente toda está actuación, os motivos polos cales mentiu e enganou a partidos políticos, colectivos, entidades e a toda a veciñanza, e que é o que realmente quere facer en Barrantes.