SOMOS MOS, obradoiro de formación para desempregados

Beneficiará a 20 moseses en sectores como albanelería e atención sociosanitaria
Un total de 20 mosenses se beneficiarán deste obradorio en sectores como albanelería e atención sociosanitaria.

Mos | O Concello de Mos, ven de recibir unha axuda de 376.946 € para a posta en marcha do Obradoiro dual de Emprego “SOMOS MOS”, a través dunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Este Obradoiro vai a permitir que 20 mosenses poidan formarse nas especialidades de Atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio e albanelería, durante 9 meses.

A través da especialidade de albanelaría vanse realizar actuacións no Paseo do Río Louro que consistirán na reparación dos bordos do paseo e a consolidación de soleiras existentes, reparación de cimentacións de mobiliario urbano, así como reparacións de muros.

Actuarase tamén no Muiño do cubo onde se van a realizar obras de delimitación da parcela, limpeza das paredes do Muiño e consolidación destas e da canle, realizadas en mampostería de pedra do país e obras de rehabilitación necesarias para a restauración e conservación do Muiño.

A especialidade de atención sociosanitaria, está enfocada a poder cubrir con persoal cualificado a alta demanda de postos de emprego neste sector. Este Obradoiro conseguirá que a súa cualificación non sexa só teórica senón que os alumnos poderán poñer en practicas os seus coñecementos adquiridos con exemplos diarios de atención.

É necesario realizar unha substitución xeracional entre os actuais traballadores e que mellor forma que aprender da experiencia deles.

Ademais existe un crecemento na demanda destes servizos debido ao envellecemento da poboación eo crecemento da esperanza de vida.

Aquelas persoas que teñen interese en poder solicitar a participación no Obradoiro de Emprego “Somos Mos”, poden solicitalo a través da oficina virtual do SPEG (https://emprego.xunta.gal/portal/es/) ou acudindo as instalacións da Axencia de colocación do concello de Mos ( sita na Avda. de Peinador 39 /986487786).

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!