
Santiago de Compostela | A Xunta de Galicia mobilizou un dispositivo de axuda humanitaria para enviar a Venezuela ante a emerxencia provocada polos dous terremotos rexistrados o pasado 24 de xuño. Toda vez, o goberno autonómico activou distintas actuacións de cooperación con asociacións e outras entidades.

Así mesmo, e convocados pola FEGAMP, os Concellos e Deputacións realizaron este 26 de xuño un minuto de silencio nas respectivas Casas Consistoriais polas vítimas dos terremotos en Venezuela, activando igualmente medidas de asistencia humanitaria. Destacaron neste sentido Vigo, Ourense, A Coruña, Pontevedra, Mondariz Balneario, Lugo e O Barco de Valdeorras, entre outros.

Paralelamente entidades como FEVEGA, asociacións, ONGs, empresas e a Igrexa están impulsando unha ampla campaña humanitaria para enviar a Venezuela, país no que se estima existe unha comunidade galega de aproximadamente 30.000 habitantes. Principalmente sensible é a situación na localidade de La Guaira, no litoral caribeño venezolano, onde está asentada unha boa parte desta comunidade galego-venezolana.




