Sobre o PPdeG.

Se o PPdeG fose como a dereita vasca ou catalana, poderiamos pactar unha política lingüística que garantizase a supervivencia do galego, defender a nosa historia e cultura comúns e chegar a acordos de país. Pero claro, para iso o Presidente da Xunta non podería exercer de Delegado do Goberno bis, como fai tantas veces. E o centralismo madrileño deixaría de loubalo tanto. Porque, como dicía Uxío Novoneyra, Galiza é libre para servir, non para ser dona de si.

Ese dereito témolo que conquerir entre tod@s. O acordo do Parlamento galego condenando o franquismo foi positivo, a decepción veu cando non se lle deu publicidade nos medios de comunicación. A lei Paz Andrade foi positiva, pero pode ficar unha vez máis en letra morta.

Aprobar a declaración do 24 de febreiro como o día de Rosalía tamén foi positiva,… Unha pendente é reclamar todas as competencias pendentes e aprobar un novo estatuto de nación.  Outra declarar a Illa de San Simón como Illa da Memoria, como veñen reclamando os colectivos máis comprometidos coa recuperación da memoria histórica das vítimas do franquismo, pois fortalecería a convivencia democrática.

“Non quere dicir que non vaia haber conflitos, que os haberá pero concordar na defensa da democracia é importante. E iso non está claro no PP e, desde logo, as alianzas con VOX non axudan”

Non quere dicir que non vaia haber conflitos, que os haberá pero concordar na defensa da democracia é importante. E iso non está claro no PP e, desde logo, as alianzas con VOX non axudan.

Funcionario de prisións xubilado, Ourense.