Sober presentou o cartaz e a programación da XLII Feira do Viño de Amandi

Terá lugar os días 9 e 10 de abril

Sober | O Concello de Sober deu a coñecer o cartaz anunciador, as actividades do denominado Mes do Amandi e a programación da XLII Feira do Viño de Amandi, que vai ter lugar na localidade nas súas datas habituais, os días 9 e 10 de abril, sábado e domingo de Ramos. As actividades do Mes do Amandi deron comezo o sábado 5 de marzo co fallo do concurso de carteis da XLII Feira do Viño de Amandi.

Ese día no Centro Sociocultural celebrouse o concerto do Ensemble vocal feminino Egeria. No Pavillón do CEIP Virxe do Carme, presentouse o equipo de rally Barantes Sport. O 14 de marzo a caravana do Amandi visitou a Feira de Rubián, en Bóveda, concello ao que este ano se lle dedica a Feira do Viño de Amandi.

O día 18 de marzo, os participantes nas Merendas con Contos visitaron a Fervenza de Portizó. O luns 21 de marzo, no CEIP Virxe do Carme conmemorouse o Día Internacional da Poesía con recitado de Poemas ao Viño de Florencio Delgado Guirriarán, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022.

O xoves 24 de marzo, na Escola de Hostalería de Rosende celebrouse a xornada de maridaxe: Viño de Amandi con produtos do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). Colaboraron a Escola de Hostaleria da Fundación Belarmino Fernández e CRAEGA.

O venres 25 de marzo na Tapería Tear, de Cadeiras, presentouse a nova edición da Guía da Ribeira Sacra, de Manuel Garrido. Foi o sábado 26 de marzo cando se celebrou o concertó solidario cos refuxiados ucrainos no Centro Sociocultural.

O primeiro de abril neste centro haberá unha charla sobre ‘A cultura do viño e a viticultura heroica’, por Xabier Castro, autor do libro ‘A rosa do viño. A cultura do viño en Galicia’.

Ás 20:00 horas no Centro Sociocultural presentación da exposición de pintura de Gelín Fernández. Mércores 6 de abril: De 10:00 a 14:00 horas no Centro Sociocultural de Sober 2º Concurso de sumiliers. Colabora a Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández. Xoves 7 de abril, ás 19:00 horas no Centro Sociocultural, concerto de guitarra e frauta traveseira a cargo de Josué Castro e Magda Sánchez.

Actividades
Do 31 de marzo o 30 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados ao concurso de carteis da XVII Feira do Viño de Amandi. Do 1 o 30 de abril no Centro Sociocultural exposición de pintura de Gelín Fernández.

Cun xurado profesional celebrase una precata e cata final dos viños expostos na Feira. Entregaranse tres primeiros premios para viños tintos da anada de 2021, un premio para viños brancos da anada de 2021 e un premio para viños envellecidos en barrica coa organización de Vinosacra. Para o concurso de deseño de carteis presentáronse 20 orixinais chegados de diferentes puntos do Estado. O xurado acordou outorgar o primeiro premio ao traballo presentado por Rocío Rodicio González, de Ourense.

Programa de actos
O programa de actos da Feira do Viño de Amandi 2022 é o seguinte: sábado 9 de abril ás 11:30 horas, disparo de bombas de palenque. Ás 12:00 horas apertura oficial a cargo de Adega TEAR en lembranza aos seus fundadores Manuela Valdés e Nilo Vila. Ás 12:15 horas actuación dun grupo de música tradicional.

Ás 17:00 horas comezo da precata oficial na sala de catas do Oficina Municipal de Turismo. Ás 17:00 horas actuación dun grupo de música tradicional. Ás 18:30 horas concerto da Banda de Música de Sober. Ás 20:00 horas actuación da Charanga Louband na Praza do Concello. Ás 23:00 horas actuación de Gin Tonics na Praza do Concello. Domingo 10 de abril. Ás 10:30 horas disparo de 23 bombas de palenque (1 por cada colleiteiro participante). Ás 10:45 horas actuación da Charanga NBA.

Ás 11:00 horas pasarrúas coa Banda de Música de Sober. Ás 11:30 horas comezo da cata oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober. Ás 11:30 horas misa solemne coa bendición de Ramos, na Igrexa de Sober. Ás 12:30 horas recepción de autoridades na Casa do Concello. Ás 12:45 horas actuación da Banda de Música de Sober.

Ás 13:00 horas pregón a cargo de Chechu Salgado. Ás 13:30 horas entrega de Premios. Ás 17:00 horas actuación da Charanga NBA. Ás 19:30 horas baile coa orquestra Los Satélites.

Adegas participantes
Un total de 23 adegas do Concello de Sober están inscritas para participar na XLII Feira do Viño de Amandi. A edición da feira deste ano será inaugurada por Adega Tear como homenaxe a Manuela Valdés, falecida recentemente, e ao seu marido Nilo Vila, falecido hai xa algúns anos. Esta edición da feira será dedicada o Concello de Bóveda continuando así cunha homenaxe especial que se fai cada ano a un concello da comarca. E o pregón correrá a cargo do mozo nacido en Sober, Chechu Salgado, quen vén de acadar o Goya ao mellor actor revelación por ‘Las leyes de la frontera’.